sábado, 19 de junho de 2010

E se é verdade...?

EFECTOS DA CRISE
Pontevedra, terceira capital con menos débeda

Xurxo González . O concelleiro de Facenda critica que o Goberno central castigue por igual a todas as entidades locais sen distinguir os que cometeron irresponsabilidades

Reloxo 19.06.2010 | 09:24
TAGS: CRISE , CONCELLOS ,

Miguel Anxo Fernández LoresMiguel Anxo Fernández Lores. Paco Vilabarros

Pontevedra é unha das capitais de provincia do Estado cun menor endebedamento público por habitante. O concello debe tan só 24 millóns de euros, o que supón un ratio por cidadán que rolda os 280 euros. As obrigas financeiras dos concellos están no punto de mira, logo de que o goberno central prohibise concertar créditos a longo prazo a partir do 1 de xullo. O obxectivo é controlar o crecente déficit das entidades locais, que ten o seu epicentro no concello de Madrid, con 6.000 millóns de débeda pública, o que equivale a 2.000 euros por habitante e máis do 20% do total.

Raimundo González, concelleiro de Facenda de Pontevedra, critica a medida por “desproporcionada e porque nos mete no mesmo saco a todos”. En opinión do político do BNG, os causantes principais da prohibición son algúns gobernos locais do PP. Os máis damnificados son aqueles outros como o de Pontevedra. Segundo González, o BNG actuou “con moita prudencia, mentres outros dedicáronse a cometer irresponsabilidades”.

O nivel de endebedamento actual da capital do Lérez equivale ao 40% dos ingresos estimados. O límite estabelecido pola lei é do 110%, así que podería ascender até os 70 millóns de euros de non ser polo decreto do Executivo central. González incide en que “a capacidade da institución para facer fronte ás súas obrigas está garantida, non só polo baixo nivel das mesmas senón porque o balance de Pontevedra vén sendo positivo nos últimos anos. Non pasa o mesmo noutros concellos, que están a ter problemas para pagar as nóminas do seu cadro de persoal”.

(Máis información no semanario A Nosa Terra)