Non ten xeito rirmos de nós mesmos.
Porén vai sendo hora de sermos críticos.
Aos que nos queren levar ao horto,
calquera cousa lles serve, mesmo os mitos máis tolos
e as supostas grandes e vellas tradicións.
Xa fai falta ser crédulos para crer
o da fundación por Teucro e o do primeiro nome
homónimo do da bela Hellenes,
a reclamada a Paris na guerra de Troia.
Que inspirado poeta e gran patriota
aquel a quen, en fremosa mañá, se lle ocorreu escribir:
"Fundote Teucro Valiente
de aqueste río en la orilla
para que en España fueses
de villas la maravilla.
"De Zebedeo la espada
corona tu gentileza
un castillo, puente y mar
son timbre de tu nobleza."
maiormente cando tivo a idea de inmortalizar
tan gloriosos e sublimes versos
gravándoos en pedra do país.
FUNDOTES, s. m.
Llamáronse así humorísticamente los habitantes de
por alusión al primer verso de una famosa cuarteta que se leía
en la fachada de la vieja Casa Consistorial y que empezaba:
"Fundote
Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario
enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo, II, p. 385
Sem comentários:
Enviar um comentário