quarta-feira, 21 de setembro de 2011

Políticos. Ruíns e porén necesarios


Non sei que me dá chamarlles ruíns aos políticos; e ás políticas, que non as esquezo.

Se foren ruíns, non o son principalmente polo oficio. Sono máis ben polo xorne individual de cada unha das súas persoas. Cuestión de valores, das súas actitudes ante a vida e o mundo.

De ética, nunha palabra.

O caso é que os homes e mulleres dedicados profesionalmente á acción política, non teñen dun tempo para acá moi boa sona, senón máis ben todo o contrario.

Acabo de escoitar pola radio que un dos políticos peor valorados pola opinión pública española ao longo dos últimos anos, case unha década, está a piques de acceder a un alto cargo de autoridade no Estado español. E así é ou así parece que vai ser!

Hai uns anos falaban entre si dous amigos meus referíndose ao irmán dun deles. Preguntáballe un ao outro se seu irmán seguía metido en política. Respondíalle o outro que así era por desgraza. Asentía o primeiro, dándolle a razón.

-Non a tendes –intervín eu–; cando menos, non vola podo dar de primeiras. Podedes tela no caso concreto de que falades. Agora ben, respondédeme a unha cuestión. Temos necesidade do labor que fan os políticos, si ou non? Coidades que sería mellor prescindir deles, acabar con eles?

Non me responderon. Coido que os fixen pensar. Ou non, ide vós saber.

Quero dicir, quixen dicirlles e aséntoo aquí e agora, que é bo que haxa políticos, por ruíns que eles foren.

Se non os houber, quen dirixiría a administración dos bens públicos? Ou seica tamén estes terían de ser eliminados, xuntamente cos políticos?

Daquela, en que mans estarían os nosos destinos colectivos, nos dos grandes propietarios? Nos dos ricos, claro está!

E volveriamos, logo, aos señoríos medievais? Ou ás monarquías absolutas do antigo réxime? Aínda así, estes señores ou monarcas tardarían moito en buscar os seus vilicos, os seus privados, os seus ministros -políticos á fin e ao cabo- que nos fixeren pasar polo aro?

Decididamente, é preferíbel escoller entre a rapa e a rebola antes de que o amo nos dea na testa coa rapa ou coa rebola. Dicían os nosos vellos: “Entre a rapa e a rebola, veña o demo e escolla”. Digamos por contra nós: “Entre a rapa, a rebola e o demo, escollamos entre todos, aínda que o fagamos mal; e ninguén escolla por nós, xa que da función que eles fan non podemos prescindir.”

Que lle imos facer? Se non hai nada mellor, acollerémonos ao menos ruín.

De por parte, non todos os políticos son iguais. Aínda quedan por aí bastantes non ruíns, non malvados. Non son tampouco os menos numerosos. Quizais sexan, certo, os menos poderosos.

É iluso propoñer que optemos por eles, aínda que saibamos que non van ter moita influencia?

Porén, poderán temperar a política dominante ou polo menos oporlle certa resistencia.

Para que non nos envolva ou esmague a ruindade política imperante!

quinta-feira, 7 de julho de 2011

A perda do Códice Calixtino

A PERDA DO CÓDICE CALIXTINO

Pasmo, asombro, arrepío! Desapareceu da catedral de Santiago o Códice Calixtino! Desaparece precisamente no transcurso do ano en que se está a celebrar o octocentésimo aniversario do templo. Oitocentos anos e un bo pico ten o propio códice. Cando a obra románica da catedral se estaba iniciando, o Liber Sancti Iacobi estaba practicamente rematado e, polo que parece, tamén o groso do seu exemplar máis prezado e auténtico, é dicir, este manuscrito medieval iluminado que agora desapareceu, o chamado Codex Calixtinus.

Tras a noticia da desaparición, xurdiron os laios e as comparacións avaliadoras da súa gravidade: unha perda irreparábel, din uns; unha peza insubstituíbel, quéixanse outros; é coma se desaparecese o Museo do Prado, nota un historiador; era dunha calidade artística única, a xoia da catedral e da cidade, afírmase, polo que é preciso recuperalo.

É moi grande a perda, no caso de que se confirme e non se recupere? Éo, non caiba a menor dúbida. Isto afirmado sen reticencias, entremos porén en razón.

Perdeuse moito, perdeuse unha concreta obra de arte senlleira. Aínda así, o máis importante dela remanece. Enténdase ben o que digo. Comparemos. Das grandes obras da antigüidade clásica, grega ou latina, é un mal menor realmente acontecido o feito de que se perdesen os exemplares contemporáneos da súa publicación e primeira recepción polo público lector. Porén tales obras non se perderon, pois remaneceron na súa total ou case total integridade a través das múltiplas e sucesivas copias, e lecturas. Só a lectura dunha obra de arte literaria e a contemplación dunha obra de arte plástica aseguran a súa auténtica conservación.

En conclusión, o Liber Sancti Iacobi non se perdeu coa perda deste valioso manuscrito iluminado. Non se perderon a literatura, a música e as ilustracións do propio Codex Calixtinus, pois dispoñemos de moitas e boas reproducións de todas as súas páxinas. O máis importante remanece e boa falla nos faría a todos, e a este pobo desmemoriado con máis razón, a familiaridade con esa riqueza de contidos, testemuños dun dos tempos fundacionais deste país, non paradisíacos así e todo, deixándonos de fáciles mitificacións. Estoutra perda é moito máis grave, e dela poucos se queixan. Nin se erguen voces de alerta con ruído e escándalo.

Digamos sen receo que a perda do manuscrito medieval é unha metáfora axeitada da gran perda irreparábel que está a sufrir Galicia, a da súa identidade cultural e lingüística. A desaparición do Codex Calixtinus vén sendo o vehículo ou termo figurado; o teor ou realidade verdadeira á que se refire, o que de verdade se perde e de forma irreversíbel -o códice aínda pode recuperarse-, son a lingua e a cultura galegas.

Ninguén se escandalice da comparación que acabo de desenvolver. O profesor García de Cortázar fai outras, todas dentro do ámbito das artes plásticas. O grande Castelao fixera hai tempo a xa clásica entre o Pórtico da Gloria e a lingua. Porén hai a quen lle doe o simbólico e non lle preocupa o real! Deformacións! Ideoloxía! Estamos de loito!


segunda-feira, 15 de novembro de 2010

Nunca son fartos!

Na fala da miña infancia, cando se quería ponderar con pasmo a insaciabilidade de alguén, adoitaba exclamarse: "Nunca é cheo!", "Nunca é farto!", ou, se se refería a varias persoas: "Nunca son cheos!", "Nunca son fartos!" O mesmo, aínda que con menos énfase, podía expresarse mediante as construcións: Nunca se enche/enchen!, Nunca se farta/fartan!

Hai uns anos, non vos era ningún segredo, nin excepción, que construtores de vivendas de protección oficial, levados pola cobiza de encheren ben os seus petos, viñan cobrando aos compradores daquelas un suplemento máis ou menos avultado contra todo dereito, e por riba en diñeiro negro. Seica algúns xa o pedían de primeiras, sen levar ninguén a engano; agás a administración, claro está. Outros, segundo parece, pedíano cando xa o seareiro non tiña outra saída ca entregar ese diñeiro ou quedar sen a vivenda.

Inzou esta conduta no tempo das vacas gordas, nun tempo en que a maior parte dos empresarios do negocio inmobiliario se fixeron de ouro. Que ben lles acaen os ditos dos grandes da miña infancia. Nunca eran fartos! Desa insaciabilidade deitaron grandes desfalcos, vergoñentas manobras de influencias, feas corrupcións de toda clase de persoas, incluídos os políticos. Houbo a quen se lles ocorreu a idea de prohibir aos implicados nos negocios inmobiliarios a posibilidade de acceso a cargos públicos, nomeadamente o de concelleiros municipais. Por algo foi esa ocorrencia, non foi porque si.

Que pensarmos disto? Home..., prohibirllo, prohibir... poida que soe sobexo; porén, non sería o máis honesto que os implicados se absteñan de aspiraren aos cargos públicos desde os que van poder decidir a política municipal urbanística e de vivenda? Isto polo que deles depende. Logo, no tocante aos cidadáns, non sería o máis prudente que non colaboremos cos nosos votos a darlles un poder do que quen sabe se non se aproveitarán para actuaren a súa insaciabilidade?

É cousa de o pensarmos ben!

Nunca son fartos!

Na fala da miña infancia, cando se quería ponderar con pasmo a insaciabilidade de alguén, adoitaba exclamarse: "Nunca é cheo!", "Nunca é farto!", ou, se se refería a varias persoas: "Nunca son cheos!", "Nunca son fartos!" O mesmo, aínda que con menos énfase, podía expresarse mediante as construcións: Nunca se enche/enchen!, Nunca se farta/fartan!

Hai uns anos, non vos era ningún segredo, nin excepción, que construtores de vivendas de protección oficial, levados pola cobiza de encheren ben os seus petos, viñan cobrando aos compradores daquelas un suplemento máis ou menos avultado contra todo dereito, e por riba en diñeiro negro. Seica algúns xa o pedían de primeiras, sen levar ninguén a engano; agás a administración, claro está. Outros, segundo parece, pedíano cando xa o seareiro non tiña outra saída ca entregar ese diñeiro ou quedar sen a vivenda.

Inzou esta conduta no tempo das vacas gordas, nun tempo en que a maior parte dos empresarios do negocio inmobiliario se fixeron de ouro. Que ben lles acaen os ditos dos grandes da miña infancia. Nunca eran fartos! Desa insaciabilidade deitaron grandes desfalcos, vergoñentas manobras de influencias, feas corrupcións de toda clase de persoas, incluídos os políticos. Houbo a quen se lles ocorreu a idea de prohibir aos implicados nos negocios inmobiliarios a posibilidade de acceso a cargos públicos, nomeadamente o de concelleiros municipais. Por algo foi esa ocorrencia, non foi porque si.

Que pensarmos disto? Home..., prohibirllo, prohibir... poida que soe sobexo; porén, non sería o máis honesto que os implicados se absteñan de aspiraren aos cargos públicos desde os que van poder decidir a política municipal urbanística e de vivenda? Isto polo que deles depende. Logo, no tocante aos cidadáns, non sería o máis prudente que non colaboremos cos nosos votos a darlles un poder do que quen sabe se non se aproveitarán para actuaren a súa insaciabilidade?

É cousa de o pensarmos ben!

sábado, 19 de junho de 2010

E se é verdade...?

EFECTOS DA CRISE
Pontevedra, terceira capital con menos débeda

Xurxo González . O concelleiro de Facenda critica que o Goberno central castigue por igual a todas as entidades locais sen distinguir os que cometeron irresponsabilidades

Reloxo 19.06.2010 | 09:24
TAGS: CRISE , CONCELLOS ,

Miguel Anxo Fernández LoresMiguel Anxo Fernández Lores. Paco Vilabarros

Pontevedra é unha das capitais de provincia do Estado cun menor endebedamento público por habitante. O concello debe tan só 24 millóns de euros, o que supón un ratio por cidadán que rolda os 280 euros. As obrigas financeiras dos concellos están no punto de mira, logo de que o goberno central prohibise concertar créditos a longo prazo a partir do 1 de xullo. O obxectivo é controlar o crecente déficit das entidades locais, que ten o seu epicentro no concello de Madrid, con 6.000 millóns de débeda pública, o que equivale a 2.000 euros por habitante e máis do 20% do total.

Raimundo González, concelleiro de Facenda de Pontevedra, critica a medida por “desproporcionada e porque nos mete no mesmo saco a todos”. En opinión do político do BNG, os causantes principais da prohibición son algúns gobernos locais do PP. Os máis damnificados son aqueles outros como o de Pontevedra. Segundo González, o BNG actuou “con moita prudencia, mentres outros dedicáronse a cometer irresponsabilidades”.

O nivel de endebedamento actual da capital do Lérez equivale ao 40% dos ingresos estimados. O límite estabelecido pola lei é do 110%, así que podería ascender até os 70 millóns de euros de non ser polo decreto do Executivo central. González incide en que “a capacidade da institución para facer fronte ás súas obrigas está garantida, non só polo baixo nivel das mesmas senón porque o balance de Pontevedra vén sendo positivo nos últimos anos. Non pasa o mesmo noutros concellos, que están a ter problemas para pagar as nóminas do seu cadro de persoal”.

(Máis información no semanario A Nosa Terra)

domingo, 24 de janeiro de 2010

Que dirán agora?

Cando, hai uns anos, o goberno municipal pontevedrés comezou a inzar as vías e prazas da vila con profusión de lombos e cubos de pedra, aconteceu que pequenas masas de veciñas e veciños, apurrados por militantes da oposición, promoveron mobilizacións populares e recollidas de sinaturas en contra daquelas medidas. Razoaban a súa oposición con que tales medidas eran daniñas para a suspensión das carruaxes, para os xeonllos e narices dos meniños e para o fruición estética das olladas da vecindade. Máis de catro persoas se deixaron convencer por aqueles razoamentos. Algúns naquel intre, sen termos ningún interese na causa, ponderabamos unhas razóns e as contrarias. Polo outro lado ofrecíansenos razóns moi válidas. A seguridade dos peóns era a principal. A accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas eran outras. Porén, entre aquela e estas podía haber conflito. Cumpría concilialas. A estética e demais supostos inconvenientes eran de menor importancia, sen dúbida ningunha. Máis dunha vez a varias persoas que se deixaron convencer por aquelas campañas, tiven que lles dicir: "Remítome e emprázovos para dentro duns anos. Entón será cando poidamos ver se con estas medidas se logrou ou non diminuír o número e a gravidade dos accidentes nas vías urbanas. E veremos como diminuíron, concretamente, as mortes e os accidentes graves".

Non podía ser doutro xeito. A realidade veulles dar a razón aos promotores e autores daquelas medidas. E na mesma medida véullela quitar aos que tanto barullo fixeron opoñéndose e criticándoas. Outras vilas -Vilagarcía, un supoñer, en cuxas vías urbanas morreron tantos cidadáns estes últimos anos- acabaron por seguiren nisto o exemplo de Pontevedra. Inconvenientes menores como a má estética dos "bolardos" foron facilmente asumibles ao par dos perigos fatais que evitaron e da accesibilidade que posibilitaron, necesarísima nuns tempos en que abondan os vellos e vellas na poboación, que poden agora pasear sós polas rúas cunha facilidade e seguridade descoñecidas hai ben poucos anos.

Estas cousas cómpre dicilas. E dicirlles, de camiño, que vaian tragando as súas denuncias e, se teñen vergoña, presentando escusas todas as persoas que botaron a lingua a paseo e a bile a excretar naquelas datas. Que foron moitas. E inxustas! Poida que algúns dos seus amigos e familiares vivan ou non anden en cadeiras de rodas grazas a aqueles lombos e bolardos.

Cómpre así devolverlles a honra a aqueles a quen daquela lles foi tirada tan demagoxicamente. Quen non entenda a que me refiro, lea en Xornal de Galicia:



El Gobierno municipal pontevedrés limitará la velocidad en el tránsito rodado de toda la ciudad a 30 kilómetros por hora, incluyendo sus accesos desde las vías interurbanas, con el fin de reducir aún más la siniestralidad en las vías pontevedresas, que actualmente presentan un índice muy bajo, según puso de manifiesto el concejal de Protección Ciudadana y Tráfico, Demetrio Gómez, y la vicepresidenta del colectivo Stop Accidentes, Jeanne Picard, defensora comprometida del modelo vial pontevedrés, quienes presentaron la medida a diversos colectivos sociales que formarán parte de la comisión permanente que estudie y ponga en marcha la nueva norma.

La medida comenzará a aplicarse en unas semanas, cuando terminen las obras de tres avenidas de la ciudad a cargo de fondos estatales que contribuirán al objetivo añadido del proyecto de limitación de velocidad, pues pretenden también calmar el tráfico local con la instalación de pasos de peatones elevados entre otras actuaciones, tal y como ya se ha hecho en otros tramos urbanos.

Baja siniestralidad

Según los últimos informes del Concello de Pontevedra, en 2009 hubo 155 accidentes de tráfico en sus tramos urbanos, con 181 personas heridas, de las que solo 14 necesitaron asistencia hospitalaria. De un total de 49 atropellos, 45 lo fueron por responsabilidad del conductor y los cuatro restantes por la invasión de la calzada de los peatones, con un saldo de dos muertes –en los tres últimos años no se registró ningún fallecido– si bien, recuerda Gómez, se produjeron precisamente “en vías que aún no fueron tratadas con medidas de seguridad viarias municipales y que ahora formarán parte de este plan”. El responsable de tráfico considera que estos datos son más que suficientes para poner en marcha la medida de limitación de 30 kilómetros por hora, a lo que hay que sumar que este proyecto tiene también entre sus objetivos, formar parte de todas aquellas medidas municipales encaminadas a “mejorar y proteger al sector viario más débil” como son los peatones y ciclistas, sumándose así a uno de los principios de la DGT y la Declaración de Gijón.

El Primer Encuentro de Ciudades para la Seguridad Vial, organizado por la FEMP (Federación Española de Municipios y Provincias) y la DGT se realizó en Gijón el pasado octubre con la finalidad de “frenar los accidentes en vías urbanas”, pues durante 2008 se produjeron 93.161 accidentes con víctimas de los que 49.330 fueron en ciudades.En el foro participaron más de 500 expertos en seguridad. La reducción a 30 fue una de las recomendaciones.

sexta-feira, 22 de janeiro de 2010

Pontevedra dorme?


Se alguén quixer saber o que vai acontecer se o PP sae coa súa teima de construír ese novo hospital en Pontevedra, lea e bótese a tremer ante as consecuencias:


Non aprenderemos vendo como as pasan en Madrid e Valencia...! Ou vendo o rumbo que levaba acá a sanidade antes do acceso do bipartito ao goberno da Xunta.

Esta xentiña vai ao seu, ao negocio dos seus. A isto sométese todo: a lingua, a paz social, a ecoloxía, o urbanismo, a política agraria e a floresta... todo!

Cómpre reaxir e non lles deixarmos as mans libres. Cómpre denunciar a súa verba demagóxica e a súa política de "relumbrón". Con Celso Emilio diremos "Non, non" arreo. E con Novoneira creremos que "a forza do noso amor non pode ser inútil".