quinta-feira, 7 de julho de 2011

A perda do Códice Calixtino

A PERDA DO CÓDICE CALIXTINO

Pasmo, asombro, arrepío! Desapareceu da catedral de Santiago o Códice Calixtino! Desaparece precisamente no transcurso do ano en que se está a celebrar o octocentésimo aniversario do templo. Oitocentos anos e un bo pico ten o propio códice. Cando a obra románica da catedral se estaba iniciando, o Liber Sancti Iacobi estaba practicamente rematado e, polo que parece, tamén o groso do seu exemplar máis prezado e auténtico, é dicir, este manuscrito medieval iluminado que agora desapareceu, o chamado Codex Calixtinus.

Tras a noticia da desaparición, xurdiron os laios e as comparacións avaliadoras da súa gravidade: unha perda irreparábel, din uns; unha peza insubstituíbel, quéixanse outros; é coma se desaparecese o Museo do Prado, nota un historiador; era dunha calidade artística única, a xoia da catedral e da cidade, afírmase, polo que é preciso recuperalo.

É moi grande a perda, no caso de que se confirme e non se recupere? Éo, non caiba a menor dúbida. Isto afirmado sen reticencias, entremos porén en razón.

Perdeuse moito, perdeuse unha concreta obra de arte senlleira. Aínda así, o máis importante dela remanece. Enténdase ben o que digo. Comparemos. Das grandes obras da antigüidade clásica, grega ou latina, é un mal menor realmente acontecido o feito de que se perdesen os exemplares contemporáneos da súa publicación e primeira recepción polo público lector. Porén tales obras non se perderon, pois remaneceron na súa total ou case total integridade a través das múltiplas e sucesivas copias, e lecturas. Só a lectura dunha obra de arte literaria e a contemplación dunha obra de arte plástica aseguran a súa auténtica conservación.

En conclusión, o Liber Sancti Iacobi non se perdeu coa perda deste valioso manuscrito iluminado. Non se perderon a literatura, a música e as ilustracións do propio Codex Calixtinus, pois dispoñemos de moitas e boas reproducións de todas as súas páxinas. O máis importante remanece e boa falla nos faría a todos, e a este pobo desmemoriado con máis razón, a familiaridade con esa riqueza de contidos, testemuños dun dos tempos fundacionais deste país, non paradisíacos así e todo, deixándonos de fáciles mitificacións. Estoutra perda é moito máis grave, e dela poucos se queixan. Nin se erguen voces de alerta con ruído e escándalo.

Digamos sen receo que a perda do manuscrito medieval é unha metáfora axeitada da gran perda irreparábel que está a sufrir Galicia, a da súa identidade cultural e lingüística. A desaparición do Codex Calixtinus vén sendo o vehículo ou termo figurado; o teor ou realidade verdadeira á que se refire, o que de verdade se perde e de forma irreversíbel -o códice aínda pode recuperarse-, son a lingua e a cultura galegas.

Ninguén se escandalice da comparación que acabo de desenvolver. O profesor García de Cortázar fai outras, todas dentro do ámbito das artes plásticas. O grande Castelao fixera hai tempo a xa clásica entre o Pórtico da Gloria e a lingua. Porén hai a quen lle doe o simbólico e non lle preocupa o real! Deformacións! Ideoloxía! Estamos de loito!


segunda-feira, 15 de novembro de 2010

Nunca son fartos!

Na fala da miña infancia, cando se quería ponderar con pasmo a insaciabilidade de alguén, adoitaba exclamarse: "Nunca é cheo!", "Nunca é farto!", ou, se se refería a varias persoas: "Nunca son cheos!", "Nunca son fartos!" O mesmo, aínda que con menos énfase, podía expresarse mediante as construcións: Nunca se enche/enchen!, Nunca se farta/fartan!

Hai uns anos, non vos era ningún segredo, nin excepción, que construtores de vivendas de protección oficial, levados pola cobiza de encheren ben os seus petos, viñan cobrando aos compradores daquelas un suplemento máis ou menos avultado contra todo dereito, e por riba en diñeiro negro. Seica algúns xa o pedían de primeiras, sen levar ninguén a engano; agás a administración, claro está. Outros, segundo parece, pedíano cando xa o seareiro non tiña outra saída ca entregar ese diñeiro ou quedar sen a vivenda.

Inzou esta conduta no tempo das vacas gordas, nun tempo en que a maior parte dos empresarios do negocio inmobiliario se fixeron de ouro. Que ben lles acaen os ditos dos grandes da miña infancia. Nunca eran fartos! Desa insaciabilidade deitaron grandes desfalcos, vergoñentas manobras de influencias, feas corrupcións de toda clase de persoas, incluídos os políticos. Houbo a quen se lles ocorreu a idea de prohibir aos implicados nos negocios inmobiliarios a posibilidade de acceso a cargos públicos, nomeadamente o de concelleiros municipais. Por algo foi esa ocorrencia, non foi porque si.

Que pensarmos disto? Home..., prohibirllo, prohibir... poida que soe sobexo; porén, non sería o máis honesto que os implicados se absteñan de aspiraren aos cargos públicos desde os que van poder decidir a política municipal urbanística e de vivenda? Isto polo que deles depende. Logo, no tocante aos cidadáns, non sería o máis prudente que non colaboremos cos nosos votos a darlles un poder do que quen sabe se non se aproveitarán para actuaren a súa insaciabilidade?

É cousa de o pensarmos ben!

Nunca son fartos!

Na fala da miña infancia, cando se quería ponderar con pasmo a insaciabilidade de alguén, adoitaba exclamarse: "Nunca é cheo!", "Nunca é farto!", ou, se se refería a varias persoas: "Nunca son cheos!", "Nunca son fartos!" O mesmo, aínda que con menos énfase, podía expresarse mediante as construcións: Nunca se enche/enchen!, Nunca se farta/fartan!

Hai uns anos, non vos era ningún segredo, nin excepción, que construtores de vivendas de protección oficial, levados pola cobiza de encheren ben os seus petos, viñan cobrando aos compradores daquelas un suplemento máis ou menos avultado contra todo dereito, e por riba en diñeiro negro. Seica algúns xa o pedían de primeiras, sen levar ninguén a engano; agás a administración, claro está. Outros, segundo parece, pedíano cando xa o seareiro non tiña outra saída ca entregar ese diñeiro ou quedar sen a vivenda.

Inzou esta conduta no tempo das vacas gordas, nun tempo en que a maior parte dos empresarios do negocio inmobiliario se fixeron de ouro. Que ben lles acaen os ditos dos grandes da miña infancia. Nunca eran fartos! Desa insaciabilidade deitaron grandes desfalcos, vergoñentas manobras de influencias, feas corrupcións de toda clase de persoas, incluídos os políticos. Houbo a quen se lles ocorreu a idea de prohibir aos implicados nos negocios inmobiliarios a posibilidade de acceso a cargos públicos, nomeadamente o de concelleiros municipais. Por algo foi esa ocorrencia, non foi porque si.

Que pensarmos disto? Home..., prohibirllo, prohibir... poida que soe sobexo; porén, non sería o máis honesto que os implicados se absteñan de aspiraren aos cargos públicos desde os que van poder decidir a política municipal urbanística e de vivenda? Isto polo que deles depende. Logo, no tocante aos cidadáns, non sería o máis prudente que non colaboremos cos nosos votos a darlles un poder do que quen sabe se non se aproveitarán para actuaren a súa insaciabilidade?

É cousa de o pensarmos ben!

sábado, 19 de junho de 2010

E se é verdade...?

EFECTOS DA CRISE
Pontevedra, terceira capital con menos débeda

Xurxo González . O concelleiro de Facenda critica que o Goberno central castigue por igual a todas as entidades locais sen distinguir os que cometeron irresponsabilidades

Reloxo 19.06.2010 | 09:24
TAGS: CRISE , CONCELLOS ,

Miguel Anxo Fernández LoresMiguel Anxo Fernández Lores. Paco Vilabarros

Pontevedra é unha das capitais de provincia do Estado cun menor endebedamento público por habitante. O concello debe tan só 24 millóns de euros, o que supón un ratio por cidadán que rolda os 280 euros. As obrigas financeiras dos concellos están no punto de mira, logo de que o goberno central prohibise concertar créditos a longo prazo a partir do 1 de xullo. O obxectivo é controlar o crecente déficit das entidades locais, que ten o seu epicentro no concello de Madrid, con 6.000 millóns de débeda pública, o que equivale a 2.000 euros por habitante e máis do 20% do total.

Raimundo González, concelleiro de Facenda de Pontevedra, critica a medida por “desproporcionada e porque nos mete no mesmo saco a todos”. En opinión do político do BNG, os causantes principais da prohibición son algúns gobernos locais do PP. Os máis damnificados son aqueles outros como o de Pontevedra. Segundo González, o BNG actuou “con moita prudencia, mentres outros dedicáronse a cometer irresponsabilidades”.

O nivel de endebedamento actual da capital do Lérez equivale ao 40% dos ingresos estimados. O límite estabelecido pola lei é do 110%, así que podería ascender até os 70 millóns de euros de non ser polo decreto do Executivo central. González incide en que “a capacidade da institución para facer fronte ás súas obrigas está garantida, non só polo baixo nivel das mesmas senón porque o balance de Pontevedra vén sendo positivo nos últimos anos. Non pasa o mesmo noutros concellos, que están a ter problemas para pagar as nóminas do seu cadro de persoal”.

(Máis información no semanario A Nosa Terra)

domingo, 24 de janeiro de 2010

Que dirán agora?

Cando, hai uns anos, o goberno municipal pontevedrés comezou a inzar as vías e prazas da vila con profusión de lombos e cubos de pedra, aconteceu que pequenas masas de veciñas e veciños, apurrados por militantes da oposición, promoveron mobilizacións populares e recollidas de sinaturas en contra daquelas medidas. Razoaban a súa oposición con que tales medidas eran daniñas para a suspensión das carruaxes, para os xeonllos e narices dos meniños e para o fruición estética das olladas da vecindade. Máis de catro persoas se deixaron convencer por aqueles razoamentos. Algúns naquel intre, sen termos ningún interese na causa, ponderabamos unhas razóns e as contrarias. Polo outro lado ofrecíansenos razóns moi válidas. A seguridade dos peóns era a principal. A accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas eran outras. Porén, entre aquela e estas podía haber conflito. Cumpría concilialas. A estética e demais supostos inconvenientes eran de menor importancia, sen dúbida ningunha. Máis dunha vez a varias persoas que se deixaron convencer por aquelas campañas, tiven que lles dicir: "Remítome e emprázovos para dentro duns anos. Entón será cando poidamos ver se con estas medidas se logrou ou non diminuír o número e a gravidade dos accidentes nas vías urbanas. E veremos como diminuíron, concretamente, as mortes e os accidentes graves".

Non podía ser doutro xeito. A realidade veulles dar a razón aos promotores e autores daquelas medidas. E na mesma medida véullela quitar aos que tanto barullo fixeron opoñéndose e criticándoas. Outras vilas -Vilagarcía, un supoñer, en cuxas vías urbanas morreron tantos cidadáns estes últimos anos- acabaron por seguiren nisto o exemplo de Pontevedra. Inconvenientes menores como a má estética dos "bolardos" foron facilmente asumibles ao par dos perigos fatais que evitaron e da accesibilidade que posibilitaron, necesarísima nuns tempos en que abondan os vellos e vellas na poboación, que poden agora pasear sós polas rúas cunha facilidade e seguridade descoñecidas hai ben poucos anos.

Estas cousas cómpre dicilas. E dicirlles, de camiño, que vaian tragando as súas denuncias e, se teñen vergoña, presentando escusas todas as persoas que botaron a lingua a paseo e a bile a excretar naquelas datas. Que foron moitas. E inxustas! Poida que algúns dos seus amigos e familiares vivan ou non anden en cadeiras de rodas grazas a aqueles lombos e bolardos.

Cómpre así devolverlles a honra a aqueles a quen daquela lles foi tirada tan demagoxicamente. Quen non entenda a que me refiro, lea en Xornal de Galicia:



El Gobierno municipal pontevedrés limitará la velocidad en el tránsito rodado de toda la ciudad a 30 kilómetros por hora, incluyendo sus accesos desde las vías interurbanas, con el fin de reducir aún más la siniestralidad en las vías pontevedresas, que actualmente presentan un índice muy bajo, según puso de manifiesto el concejal de Protección Ciudadana y Tráfico, Demetrio Gómez, y la vicepresidenta del colectivo Stop Accidentes, Jeanne Picard, defensora comprometida del modelo vial pontevedrés, quienes presentaron la medida a diversos colectivos sociales que formarán parte de la comisión permanente que estudie y ponga en marcha la nueva norma.

La medida comenzará a aplicarse en unas semanas, cuando terminen las obras de tres avenidas de la ciudad a cargo de fondos estatales que contribuirán al objetivo añadido del proyecto de limitación de velocidad, pues pretenden también calmar el tráfico local con la instalación de pasos de peatones elevados entre otras actuaciones, tal y como ya se ha hecho en otros tramos urbanos.

Baja siniestralidad

Según los últimos informes del Concello de Pontevedra, en 2009 hubo 155 accidentes de tráfico en sus tramos urbanos, con 181 personas heridas, de las que solo 14 necesitaron asistencia hospitalaria. De un total de 49 atropellos, 45 lo fueron por responsabilidad del conductor y los cuatro restantes por la invasión de la calzada de los peatones, con un saldo de dos muertes –en los tres últimos años no se registró ningún fallecido– si bien, recuerda Gómez, se produjeron precisamente “en vías que aún no fueron tratadas con medidas de seguridad viarias municipales y que ahora formarán parte de este plan”. El responsable de tráfico considera que estos datos son más que suficientes para poner en marcha la medida de limitación de 30 kilómetros por hora, a lo que hay que sumar que este proyecto tiene también entre sus objetivos, formar parte de todas aquellas medidas municipales encaminadas a “mejorar y proteger al sector viario más débil” como son los peatones y ciclistas, sumándose así a uno de los principios de la DGT y la Declaración de Gijón.

El Primer Encuentro de Ciudades para la Seguridad Vial, organizado por la FEMP (Federación Española de Municipios y Provincias) y la DGT se realizó en Gijón el pasado octubre con la finalidad de “frenar los accidentes en vías urbanas”, pues durante 2008 se produjeron 93.161 accidentes con víctimas de los que 49.330 fueron en ciudades.En el foro participaron más de 500 expertos en seguridad. La reducción a 30 fue una de las recomendaciones.

sexta-feira, 22 de janeiro de 2010

Pontevedra dorme?


Se alguén quixer saber o que vai acontecer se o PP sae coa súa teima de construír ese novo hospital en Pontevedra, lea e bótese a tremer ante as consecuencias:


Non aprenderemos vendo como as pasan en Madrid e Valencia...! Ou vendo o rumbo que levaba acá a sanidade antes do acceso do bipartito ao goberno da Xunta.

Esta xentiña vai ao seu, ao negocio dos seus. A isto sométese todo: a lingua, a paz social, a ecoloxía, o urbanismo, a política agraria e a floresta... todo!

Cómpre reaxir e non lles deixarmos as mans libres. Cómpre denunciar a súa verba demagóxica e a súa política de "relumbrón". Con Celso Emilio diremos "Non, non" arreo. E con Novoneira creremos que "a forza do noso amor non pode ser inútil".

quinta-feira, 3 de dezembro de 2009

O étimo de "Pontevedra"


Na anterior entrada deixamos no ar a cuestión de cal sería verdadeiramente o étimo do vocábulo Pontevedra. Alí ficou claramente asentado que non é *Pontus Veteris nin Pons Vetus, por moi distintas razóns nun caso verbo do outro.

Tentemos de avanzar uns pasos escontra o achádego do verdadeiro étimo. Por mor de facer máis doadas a lectura e comprensión deste artigo, tentarei de o alixeirar no contido ; así que evitarei o recurso ao aparato de citas de libros de investigación ou divulgación e das de documentos antigos. Abonde agora cunha sinxela divulgación das conclusións ás que cheguei no meu estudo do tema, provisional así e todo. Sempre se poderá calquera día facer un tratamento máis rigoroso.

Dicíase no artigo precedente que unha hipótese de fácil formulación para un pequeno latinista e romanista sería a de propoñer como étimo a forma Ponte Vetere ou Pontevetere; explicaríanse facilmente como procedentes do acusativo latino Pontem Veterem, de maneira semellante a como o étimo de Vigo é Vicu, procedente do acusativo Vicum, ou como o de Lugo é Lucu, proveniente de Lucum. Tería que explicar logo o cambio do -e final en -a. Agora ben, sabendo que o substantivo ponte se comporta como feminino en galego ou, segundo parece, xa no latín vulgar do occidente ibérico, aquel cambio viría sendo consecuencia destoutro, que é o máis xeral. Secomasí, non debe ser Pontevetere o étimo que procuramos.

No latín vulgar o adxectivo vetus-veteris caeu en desuso. Quizais por analoxía con novus-novi, nova-novae..., tendeu a ser substituído por outros vocábulos formados sobre o mesmo lexema despois de o vestir cunhas desinencias iguais ás do antónimo. Arbitráronse para iso dúas solucións homoxeneizadoras: unha, a de veterus-veteri, vetera-veterae...; outra, a de vetulus-vetuli, vetula-vetulae... A segunda foi a que se impuxo finalmente. Este vocábulo era no latín clásico un derivado diminutivo de VETUS; no latín vulgar, ao desprazar VETUS, vetulus perdeu o trazo semántico de diminución e así deu lugar ás voces románicas gal. vello, esp. viejo, fr. vieil/vieux, etc.

No latín vulgar do occidente ibérico, de onde nacen o galego e o portugués, coexistiron durante bastante tempo veteru, vetera e vetulu, vetula. Do segundo, como foi dito, provén o adxectivo vello, -a. Do primeiro proceden o adxectivo vedro, -a e o substantivo vedro, tanto en galego coma en portugués; aínda que en verdade se converteron hai tempo en arcaísmos léxicos dos que fican resíos case que só na onomástica, principalmente na toponimia. Precisamente a abundancia de topónimos compostos con vedro, -a como segundo elemento (Pontevedra, Portovedro, Vilavedra, Fontevedra, Torrevedra, Burgovedro, Murovedro, Saavedra, etc.) testemuña a produtividade e emprego normal deste vocábulo na Alta Idade Media. Aínda que, no noso caso, non se documentou ata agora a forma latino vulgar *Ponte vetera, porén documéntanse as formas veteru e vetera como modificadores de substantivos referentes a elementos humanizados do territorio en documentos tabeliónicos escritos en latín nos tres primeiros séculos do segundo milenio.

Aló contra as vésperas do século XII, un pequeno burgo xurdía arredor da igrexa de Santa María, no outeiro máis próximo á "vella ponte" por onde a Vía XIX do Itinerario de Antonino cruzara o Lérez; "super flumen Lerice in vetula ponte", reza un documento referente á paz de 1165 entre o rei de Galiza e o de Portugal, sinalando o lugar da sinatura do tratado. Cómpre supor que foi daquela cando a nova poboación recibiu o nome de "burgo de Pontevedra" literalmente -é dicir, xa en romance, como a xente falaba- e a igrexa, o de "Santa María de Pontevedra". É doado entender o feito de non se acharen en documentos da época nin a forma romance nin o seu étimo latino-vulgar *Pontevetera. Tentarei de o explicar brevemente.

Naquela altura as escrituras redactábanse en latín; só para a segunda metade do século XIII os notarios e escribáns comezarán a empregar cada vez máis o romance galego nos seus protocolos. O latín escrito na Idade Media, aínda que difería moito da pureza do latín clásico, non reflectía apenas a realidade da lingua falada, for o latín vulgar primeiro, for o romance máis tarde. Tentaba, pola contra, de se cinguir ás regras da gramática que se aprendía nos estudos dos mosteiros e catedrais e poida que nalgunha corte nobiliaria. Polo que, segundo a capacidade do escribán para discernir entre bo latín e lingua vulgar, tentaba de escribir, tamén a onomástica, na variante que el coidaba superior ou culta. Endalí, en case todos os documentos latinos dos séculos XII e XIII, o nome da nosa vila aparece case inmobilizado nas formas Ponteveteri e Ponte Veteri. A fasquía delas é case sempre a gramaticalmente esperada: no referente á forma léxica e morfolóxica, en canto recupera vetus-veteris rexeitando veterus, vetera; no referente á sintaxe, porque o topónimo é o termo rexido pola preposición de, que segundo a gramática pedía ablativo. Sen decatárense os escribáns de que estaban calcando no seu latín unha construción romance herdada do latín vulgar: aquela pola que dunha construción por aposición, do tipo urbs Roma, se pasou á consistente na modificación do nome por outro en xenitivo, do tipo urbs Romae, para acabar tamén substituíndo o xenitivo por un complemento preposicional con de. Así lemos: "omnes habitatores de Ponteveteri" e "de navigio de Ponte Veteri" (1169), "de burgo de Ponteueteri" (decembro de 1180), "ecclesiam Sancte Marie de Ponte Ueteri" e "ecclesiam de Ponte Ueteri" (marzo de 1180), "burgum quod dicitur de Ponteueteri"(1188), "ecclesie Sancti Iacobi de burgo parvo que stat prope ponte que vocatur de Ponte Veteri" (1290), e así noutros moitos documentos latinos da época. Raramente o noso topónimo aparece flexionado nalgún dos outros casos; porén áchase unha vez en xenitivo -"decimam partem omnium redditum ville Pontis Veteris pertinentium" (1175)- nunha pretensión de apurar máis a corrección, aínda que o dativo ville esixiría en bo latín non un modificador en xenitivo, senón unha aposición en dativo, é dicir, Ponti Veteri.

Nos documentos escritos en galego aparece soamente a forma romance Pontevedra. Será desde entón a forma indiscutida e xa nunca traducida; nin ao latín, no caso de ocasionais textos escritos nesta lingua, nin ao castelán, que irá entrando nas literaturas tabeliónica e administrativa a partir do século XIV e se imporá no XVI, excluíndo totalmente o galego. Secomasí, aínda a finais do XV, os escribáns tiñan certo receo en acoller nos seus textos latinos a forma romance. Por iso, cando en 1484 o notario Xacobe de Figueira estende o documento polo que o arcebispo Alfonso II de Fonseca outorga a cuarta parte sen cura de San Bartolomeu de Pontevedra ao seu fillo Alfonso de Fonseca, futuro III arcebispo do seu nome, xustifica o emprego da forma romance coa tópica fórmula escusatoria vulgarmente chamado: "quarte partis tocius parrochialis ecclesie sancti Bertolomei uulgo nuncupati de Ponteuedra".

En conclusión, nin o burgo nin a igrexa tiveron nunca, na lingua falada, outro nome ca o de Pontevedra. Cuestión aparte é a referente ao nome da vella ponte. Nalgún momento do primeiro milenio debeu recibir o nome latino-vulgar illa ponte vetera, quizais en relación cunha nova ponte habilitada sobre o Lérez a non grande distancia. Ese nome, tras o tránsito ao romance, remataría na forma a ponte vedra, que máis tarde se convertería no nome propio do lugar habitado máis próximo contra o sur, aquel sobre o que se desenvolvería o burgo medieval. O nome latinizante Ponteveteri e as súas variantes son simples retraducións, ben pouco afortunadas por certo. Case tan ridículas como aquela pola que no documento de 1290 o lugar do Burgo Pequeno, hoxe O Burgo, se retraduce como Burgo Parvo. Algo parvo debía ser o que tivo a ocorrencia.